lunes, 21 de febrero de 2011

maloserà!

Somos os inventores do futbolín, da pregunta total, da traducción libre (optopus to the party = pulpo a feira) e do hard parking... Come na casa dos teus pais sempre que poidas..., e se alguén te pon en apuros respondelle con outra pregunta! E se che preguntan onde se xoga mellor ao futbol, reponde con rotundidade... EN GALICIA!
Temos 17.340 festas, temos greleiras... percebeiros... temos orballo... carballo... choiva, choiva e máis choiva! Onde a comida é unha relixión, e un domingo sen aldea... non é un domingo! Onde a xente non é fea, é riquiña!.Conseguimos cousas posibles, e cousas imposibles! Conseguimos ser tan rápidos que non se sabe se subimos ou baixamos as escaleiras,somos incombustibles porque nunca nos queimamos,podemos gañar as partidas sen xogalas, e podemos ser impermeables, porque poucas veces nos mollamos "Igual que che digo unha cousa; digoche outra" Deámonos conta do ben que vivimos, gocemos da nosa forma de vida..
VIVAMOS COMO GALEGOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario